Edificacións
Desenvolvemos as nosas actividades de construcción e enxeñaría nos sectores de obra civil, edificación e servizos, traballando tanto para Administracións públicas como para clientes privados. Temos capacidade para asumir -coa mesma responsabilidade- o proxecto e a edificación dunha vivenda unifamiliar que o proceso dunha instalación complexa.
Conxugamos a calidade construtiva con bós acabados nos que conviva a funcionalidade e a coherencia estética, trasladando aos nosos clientes a garantía e a tranquilidade dun traballo ben feito.
Estruturas
Contamos cun equipo humano altamente cualificado e especializado na realización de estruturas de formigón, tanto para obra pública, civil ou privada, podendo dar resposta en cada momento ao volume de traballo requerido e dispoñendo dos equipos necesarios para levar a cabo a intervención requerida. A loxística da que dispoñemos e o persoal experimentado son o mellor aval para satisfacer as súas demandas e cumprir cos prazos de obra establecidos.
Somos especialistas en traballos de encofrado de forxados, muros, todo tipo de traballos con formigón e colocación de armado de aceiro.
Xogos infantís
Realizamos estudos e propostas para introducir os xogos tradicionais nos diversos espazos infantís. Através de pavimentos con deseños exclusivos e orixinais, crearemos un universo dacabalo entre a tradición lúdica e as máis modernas técnicas gráficas, transformando un parque infantil, o patio dunha escola ou outras instalacións destinadas a estes usos, nun espazo de xogo interactivo baseado no patrimonio cultural inmaterial, que facilite a comunicación interxeracional e intercultural desde o coñecemento, o respecto e o gozo.
Centos de anos e millóns de nenas e nenos probando e mellorando os xogos que foron conformando o acervo cultural lúdico, son o mellor garante dun xogo de calidade. Contamos con expertos na materia, con anos de experiencia no deseño e na organización destes espazos de xogo.