Traballamos en exclusiva para Ourense con unha marca de fabricación española: Ascensores TRESA. Aportámoslle un valor engadido aos edificios dotándoos das solucións de transporte vertical máis modernas, confortables e seguras. Ofrecemos distintas solucións conforme a arquitectura e os acabados de cada edificio.
A instalación dun elevador nun edificio antigo, non depende exclusivamente do oco da escaleira. Na nosa empresa atopará a complicidade e o asesoramento preciso do noso estudo de arquitectura, ofrecéndolle a mellor solución ás súas necesidades, ben sexa polo patio, ben refacendo o oco da escaleira ou mesmo pola fachada do inmoble.
Por moi pequeno que vos pareza o oco dispoñíbel ou moi antigo vos pareza o inmoble, tentaremos ofrecervos unha solución axeitada ás vosas necesidades. Poñédevos en contacto con nós e faremos unha valoración do voso edificio.
Que pasos seguir para instalar un elevador?
O primeiro é poñerse en contacto con nós. Un técnico visitará o edificio para realizar unha prospección e enviarvos un orzamento coas opcións máis acaídas ao voso caso. Esta visita e máis o orzamento non vos suporán custo nin compromiso ningún para coa nosa empresa. O mesmo técnico poderá asistir ás reunións da Xunta de Propietarios, para resolver todas as dúbidas que puideran xurdir.
Proceso de instalación
Unha vez que teñades decidido instalar o elevador e asinemos o contrato, o seguinte paso será facer o proxecto e solicitar a Licencia Municipal de Obras, que demorará máis menos unhas 6 semanas.
Unha vez recibida, procederemos á programación da mesma, comezando pola súa execución, cuxo prazo poderá variar segundo o tipo de sistema a instalar. Concluído este proceso, un responsábel de obra acudirá ao edificio para comprobar que a execución da mesma se desenvolvera conforme ao previsto para, posteriormente, proceder á legalización do elevador ante o Servizo de industria e á emisión da Acta final de obra.
Estás preocupado por non ter oco abondo na escaleira?
Pois esquece as preocupacións, porque o voso caso non é o único e ademais ten solución. Hai diferentes opcións para iso:
– Usar o patio de luces
– Realizar a construción dunha nova escaleira cos chanzos compensados que permita acoller un elevador no seu interior.
– Construción dunha nova escaleira “trasladada” ao exterior do edificio.
– Uso dun espazo dentro das vivendas existentes.
Ofrecemos 2 anos de garantía e a obra civil de 10 anos. Ademais, informarémosvos en cada caso das subvencións e axudas das que poderedes gozar, á parte de ofrecervos a nosa axuda e asesoramento para os trámites precisos.
Mantemento. Confíanos o mantemento do teu elevador.
Alargamos a vida útil do seu elevador nas mellores condicións, garantindo un servizo de máxima seguridade e fiabilidade.
Servizos á túa medida
• Mantemento de varias marcas.
• Eficacia.
• Rapidez.
• Garantía.
• Servizo 24 horas 365 días ao ano para a asistencia de emerxencias.
• Repostos orixinais.
• Ampla rede de Delegacións e Puntos de Asistencia.
• Mantemento preventivo.
• Máis de 30 anos de experiencia da marca TRESA, con máis de 5.000 elevadores en mantemento.
• Edificios de vivendas, hospitais, concellos, hoteis, museos, centros comerciais, fábricas, tendas, estacionamentos, oficinas, vivendas unifamiliares, etc.
• Comunicación constante co propietario ao efecto de informar de:
◦ Cambios de regulamentación.
◦ Estado xeral do seu equipo.
◦ Revisións obrigatorias (OCAs).
Mobilidade Doméstica. Confort e Calidade.
Traballamos solucións de accesibilidade doméstica con sistemas fiables e altamente experimentados, adecuadas para instalacións interiores e exteriores, tanto para obra nova como para rehabilitacións. Sistemas de alto confort, silenciosos e personalizables.
Homelift
• Conforme á Directiva 2006/42/CE.
• A mellor solución para curtos percorridos incorporando un elevador en espazos moi reducidos.
• Dispoñible con estrutura metálica autoportante.
• Dispoñible con ou sen portas en cabina.
• Mínimos requirimentos de foxo, fuxida e oco.
• Inclúe solución sen sala de máquinas.
2013-1969 – INSTRUCIÓN TÉCNICA COMPLEMENTARIA
DIRECTIVA DE ELEVADORES 95/16/CE