Sabemos dos apuros que provoca unha rehabilitación. Ben por necesidade ou ben por querer dar un novo aire ao espazo vital ou profesional, saberemos adaptarnos ás súas necesidades e ás súas preferencias atopando a proposta que mellor encaixe coa súa personalidade, sen esquecer a funcionalidade do novo espazo e procurando en todo momento evitarlle as complicacións propias dunha rehabilitación.
Home Galicia traballará con vostede na concreción de ideas e na definición do proxecto, encargarase das xestións administrativas e dos trámites burocráticos precisos e realizará a obra baixo os tres criterios que lle son propios: calidade na construción, calidade nos acabados e cumprimento dos prazos acordados.