REHABILITACIÓNS

Pertencemos a un grupo empresarial con ampla experiencia no deseño, construcción e rehabilitación de vivendas no ámbito rural, respectando a tipoloxía e as técnicas tradicionais así como o carácter propio da casa tradicional galega. Procuramos sempre os materias apropiados a cada construcción, buscando unha boa integración na contorna.

Contamos con unha plantilla de profesionais que posibilitan o feito de podermos desenvolver un proxecto desde o inicio até a fase final da execución, conforme ás necesidades do cliente.
Amais do persoal, tamén dispoñemos da maquinaria e dos recursos técnicos precisos para poder levar a cabo estes proxectos.

Sabemos dos apuros que provoca unha rehabilitación. Ben por necesidade ou ben por querer dar un novo aire ao espazo vital ou profesional, saberemos adaptarnos ás súas necesidades e ás súas preferencias atopando a proposta que mellor encaixe coa súa personalidade, sen esquecer a funcionalidade do novo espazo e procurando en todo momento evitarlle as complicacións propias dunha rehabilitación.

Home Galicia traballará con vostede na concreción de ideas e na definición do proxecto, encargarase das xestións administrativas e dos trámites burocráticos precisos e realizará a obra baixo os tres criterios que lle son propios: calidade na construción, calidade nos acabados e cumprimento dos prazos acordados.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento e aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies

Uso de cookies: este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y de nuestra Política de Cookies.

Use of Cookies: this site uses cookies for you to have the best user experience. If you continue to browse you are giving your consent to the acceptance of the above cookies and of our Cookie Policy.

ACEPTAR
Aviso de cookies