Realizamos estudos e propostas para introducir os xogos tradicionais nos diversos espazos infantís. Através de pavimentos con deseños exclusivos e orixinais, crearemos un universo dacabalo entre a tradición lúdica e as máis modernas técnicas gráficas, transformando un parque infantil, o patio dunha escola ou outras instalacións destinadas a estes usos, nun espazo de xogo interactivo baseado no patrimonio cultural inmaterial, que facilite a comunicación interxeracional e intercultural desde o coñecemento, o respecto e o gozo.
Centos de anos e millóns de nenas e nenos probando e mellorando os xogos que foron conformando o acervo cultural lúdico, son o mellor garante dun xogo de calidade. Contamos con expertos na materia, con anos de experiencia no deseño e na organización destes espazos de xogo.